Metodoloxías
Estudo de casos
Traballos tutelados
Descrición
Atendendo ás instrucións recibidas da Facultade, as titorías desenvolveranse de xeito exclusivamente virtual e previa petición de cita por correo electrónico; son de aplicación os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC.
Na medida en que a capacidade do equipo docente e os medios dispoñibles o permitan, tratarase de prestar atención persoalizada ós alumnos con dificultades xustificadas por cuarentena ou enfermidade, sen perxuízo dos dereitos e obrigas previstos na normativa académica canto ás datas e forma en que se han de desenvolve-las probas de avaliación.
Os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poden solicitar ou propoñer un horario de atención compatible coa súa dedicación, cando existan razóns obxectivas que lles impidan asistir no horario ordinario.