Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

Cumprimento da normativa sanitaria

A participación nas actividades presenciais require inexcusablemente o cumprimento estrito das indicacións das autoridades sanitarias, en particular o uso de mascariña protectora en todo momento. Atenderase ás adaptacións que poidan recibirse da Facultade canto os horarios de entrada e saída escalonados, e todas aquelas circunstancias que poidan afectar á organización da materia.

Adaptacións e circunstancias sobrevidas

Sempre en función das instrucións que se poidan recibir, a materia podería adaptarse a un formato semipresencial ou completamente deslocalizado, que poderían levar a unha substitución total ou parcial do traballo presencial por sesións telemáticas. Na medida do posible manteranse os contidos, metodoloxía e avaliación.

Dispoñibilidade de recursos informáticos

A organización docente está suxeita ás indicacións que se poidan recibir como consecuencia da situación sanitaria, pero os alumnos deben dispoñer, desde o inicio do cuadrimestre, dos medios técnicos necesarios para acceder a recursos electrónicos e desenvolver unha avaliación telemática. O equipo docente resérvase a capacidade de acordar que, incluso se a docencia é presencial, a avaliación se desenvolva por medios electrónicos para minimiza-los risco potencial causado polo manexo de papel a través de varias persoas. É suficiente cun móbil de capacidade ordinaria, aínda que se recomenda un ordenador ou alomenos unha tablet; se carecen deles, poden consultar coa UDC a posibilidade de que lles sexan facilitados, nos termos do documento de “Orientacións para a programación da actividade docente: curso 2020-2021 ”.