Temas Subtemas
Dada a orientación profesional do MBA, o traballo fin de mestrado deberá expoñer o desenvolvemento do caso práctico analizado durante o mestrado relacionándoo coa actividade profesional e os contidos dos diferentes módulos do mestrado.

Así mesmo establécese a posibilidade de que o alumno profunde nunha temática, que en certo xeito, teña vinculación co caso práctico desenvolvido durante o máster.
Formalmente, deberá cubrir o seguintes apartados:
- Decrición dos problemas analizados e os obxectivos da análise.
- Fundamentos teóricos aplicados.
- Metodoloxía e fontes de información.
- Traballo de campo, no seu caso.
- Resultados obtidos.
- Conclusións.
- Fontes bibliográficas e documentais consultadas.