Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Os estudantes deben realizar, co apoio e a dirección do docente, as aplicacións empíricas que se lles propoñan.
Sesión maxistral Exposición oral, apoiada en medios audiovisuais, que inclúe conceptos teóricos e exemplos prácticos.
Traballos tutelados Os estudantes deben levar a cabo, baixo tutela, traballos e/ou exercicios con datos reais aplicando as técnicas que se lles ensinaron no curso.
Aprendizaxe colaborativa Traballo conxunto do alumnado, organizado en grupos, na resolución de tarefas asignadas polo profesor para optimizar tanto a súa propia aprendizaxe como a dos restantes membros do grupo.
Obradoiro Nestas clases o obxectivo principal é a realización de tarefas eminentemente prácticas, co apoio e supervisión do docente: proposición e resolución de aplicacións da teoría, problemas, exercicios, exposicións, debates e comentarios de traballos, etc. Pódense expor as dúbidas ou dificultades coas que se atopen os estudantes en relación ás distintas actividades de avaliación (individuais ou en grupo). Desta forma se crea un debate entre os estudantes, os seus compañeiros e o docente, o cal fomenta a interrelación no traballo e o espíritu crítico.
Con todo, tamén o profesor pode expor conceptos, exposición enfocada principalmente a deixar clara a súa aplicación, ou, en todo caso, como simple comentario da sesión maxistral.
Análise de fontes documentais Con esta análise preténdese que o estudante conecte o aprendido na clase sobre unha determinada técnica econométrica e a súa aplicación empírica materializada en documentos de investigación; noutras palabras, o obxectivo é que o estudante comprenda a utilidade real da técnica aprendida a través da procura de documentos de traballo e artigos científicos que fixeron uso dela con datos reais. Asimesmo, esta actividade permite comprobar tanto a capacidade de análise como a de síntese do estudante.
Proba obxectiva Proba para avaliar a capacidade que o estudiante ten para asimilar os conceptos e interrelacionalos. Tamén mide a súa capacidade para identificar problemas e avaliar a súa resolución.