Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C10 Exame escrito 40
Traballos tutelados A4 A1 A3 A8 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 Exercicios aplicados 15
Aprendizaxe colaborativa A4 A1 A3 A8 A10 A12 B2 B5 B7 B12 C4 C5 C9 C10 Traballo en grupo 45
 
Observacións avaliación
No curso académico 2019/2020, a materia dividirase en dúas partes interconectadas. A primeira delas será impartida por docentes da Universidade de Santiago de Compostela (USC) e terá lugar tamén en primeiro lugar no tempo. Con información de xullo de 2019, esta primeira parte correspondería aos temas 1, 2 e 5. A segunda parte (temas 3 e 4) sería impartida pola docente da Universidade da Coruña (UDC).
A avaliación da materia respectará a porcentaxe do 60% outorgada a actividades de avaliación continua e o 40% para a proba obxectiva ou exame. Os docentes de cada unha das partes levarán a cabo as súas propias actividades de avaliación, tanto continua como proba obxectiva. Así, os docentes da USC desenvolverán as actividades de avaliación continua que estimen pertinentes en relación á parte da materia que imparten, e a correspondente proba obxectiva; as primeiras actividades ponderarán un 60%, mentras que a segunda, un 40%. De xeito similar, a docente da UDC levará a cabo actividades de avaliación continua de dous tipos (ver cadro) en relación aos temas que imparte, e unha proba obxectiva relativa únicamente a esta parte.
A cualificación final do estudante será o resultado de ponderar as cualificacións obtidas en cada unha das partes.


______

Importante: as actividades de avaliación continua específicas que figuran no cadro (exercicios e traballo) son exclusivas da parte que imparte a docente da UDC.