Metodoloxías Descrición
Estudo de casos Descrición dunha situación específica que suscita un problema que ten que ser comprendido, valorado e resolto por un grupo de traballo, desde a perspectiva da análise económica da xestión pública, para chegar a unha decisión razoada.
Proba mixta Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas.
Seminario Traballo en grupo que ten como finalidade o estudo intensivo dun tema relacionado cos mecanismos da teoría da axencia como referencia na análise económica da xestión pública, e a elaboración dun documento de conclusións.
Presentación oral Exposición verbal a través da que o alumno e o profesor interactúan dun modo ordenado, expoñendo temas relacionados coa nova xestión pública.