Metodoloxías Descrición
Proba obxectiva Proba para avaliar a capacidade que o alumno ten para asimilar os conceptos e interrelacionalos.
Sesión maxistral Exposición oral, apoiada en medios audiovisuais, que inclúe conceptos teóricos e exemplos prácticos.
Traballos tutelados Cada alumno debe realizar, baixo tutela, un traballo con datos reais aplicando as técnicas que se lles ensinaron no curso.
Prácticas a través de TIC Os alumnos deben realizar, co apoio e dirección dos profesores, as aplicacións empíricas que lles sexan propostas.