Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba mixta A2 A3 B6 B8 C1 C4 Proba que integra preguntas tipo de probas de ensaio e preguntas tipo de probas obxectivas. 30
Estudo de casos B6 B8 C1 C4 C5 Seguimento da aprendizaxe do alumnado nas sesións programadas a través da súa participación nas mesmas e da realización e defensa dos casos propostos 70
 
Observacións avaliación

Requírense coñecementos de inglés, especialmente na comprensión lectora,
xa que unha parte do material que se facilitará ao alumno está nesta
lingua.

A cualificación final consta de dúas partes:

Parte A.-Exame: 30% da cualificación. 

Parte B.-Estudo de casos: 70% da cualificación. 

A nota agregada deberá ser igual ou superior a 5 puntos sobre 10 para poder superar a materia.

Normativa de avaliación:

-En caso de realizarse probas presenciais: Condicións de avaliación:

1. Está prohibido acceder a aula do exame con calquer dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información. 

2. Identificación do estudantado: O estudiantado ha de acreditar a súa personalidade dacordo coa normativa vixente.

Tipos de calificación:

1. Calificación de no presentado: Corresponde ao alumnado, cando só participe en actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a calificación final, con independencia da calificación alcanzada.

2. Estudantado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarse ao inicio do curso un calendario específico de datas compatible coa sua dedicación. Neste caso empregarase a plataforma virtual e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, atención personalizada e entrega de casos. 

Oportunidades de avaliación:

Os criterios de avaliación son os mesmos
para a primeira e a segunda oportunidade de cada convocatoria, así como para
a convocatoria adiantada. No caso de non superar a materia na primeira oportunidade,
pódese gardar a puntuación dos casos prácticos (parte B), ou pódense recuperar os casos prácticos, que deberán
presentarse tres días antes da data sinalada para a proba oficial.

Outras observacións da avaliación:

A realización fraudulenta das probas ou actividades de avaliación implicará directamente a cualificación de suspenso '0' na materia na oportunidade correspondente, invalidando así calquera cualificación obtida en todas as actividades de avaliación de cara a convocatoria extraordinaria.