Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Estudo de casos A5 A6 A9 A10 A12 C1 C2 C6 Inclúen as prácticas con material cuantitativo e as lecturas. No primeiro caso, refírese ás análises de datos estatísticos desde unha perspectiva de longo prazo. Aínda que ao longo do curso realizaranse máis, 2 destes exercicios serán puntuables para a nota final. Cada un computará con 1,5 puntos na calificación final do estudante. As datas destas probas facilitaranse ao estudante ao comezo do curso. 30
Lecturas A7 A8 A9 B2 B1 O estudante deberá traballar as lecturas para familiarizarse co seu contido. Éste servirá como materia complementaria á impartida nas clases maxistrais. Así mesmo, o contido das lecturas empregarase tamén para elaborar os estudos de caso. En consecuencia, a súa avaliación vai incluída nos outros apartados 0
Proba obxectiva A2 A4 A7 A8 A13 B2 B1 B3 B4 C1 C2 Consistirá na realización dun exame escrito sobre os contidos do programa. O exame representa o 70% da avaliación final do estudante. Pero para superar a materia o estudante haberá de obter unha cualificación mínima de 5 puntos na avaliación global (exame + casos prácticos). No exame valorarase a capacidade de expresión, o manexo e dominio do vocabulario específico, a capacidade analítica e sintética, e o coñecemento dos contidos do programa da materia. 70
Sesión maxistral A2 A8 B1 B6 B7 B8 B9 C4 C5 C7 C8 Nestas sesións se impartirán as pautas crave da materia que os estudantes deberán coñecer e preparar con traballo persoal e coa axuda do resto de instrumentos que ofrece o curso 0
 
Observacións avaliación

O exame ou proba obxectiva celebrarase na convocatoria oficial establecida pola Xunta de Facultade e publicada na súa páxina web. Para superar a materia (3 puntos procedentes das dúas prácticas avaliables e 7 puntos do exame final) é preciso alcanzar como mínimo 5 puntos en total.

Os criterios de avaliación serán os mesmos na primeira, na segunda e na oportunidade adiantada.

Aínda que non é obrigatoria a asistencia a clase, recoméndase que os estudantes asistan ás clases con regularidade.

A calificación de non presentado
corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que
teñan una ponderación inferior a o 20% sobre a calificación final, con
independencia da calificación alcanzada.

Os estudantes que teñan
recoñecemento de dedicación a tempo parcial y dispensa académica de exención de
asistencia
, poderán superala materia obtendo a lo menos 5 puntos dos 10 totais entre todalas probas do curso. 

Aqueles estudantes que no poidan acudir
as probas do curso con motivo debidamente xustificado (xustificado cos certificados
correspondentes para os casos que contempla a normativa académica
), poderán
realizar as mesmas noutra ocasión que lles será comunicada tendo en conta o
sinalado polo regramento académico.Está prohibido acceder á aula do exame/probas con cualquer
dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou o almacenaxe de
información. De igual maneira, é necesario que cada alumno que desexe realizar as probas se
identifique correctamente co D.N. I., con foto
actualizada, na aula
onde se vaia realizar a proba.











Os alumnos/as deben consultar obrigatoria e frecuentemente a plataforma
virtual da materia (moodle)
, onde se colocará a información mais relevante da mesma.
Ademáis, os estudantes deben subir unha
foto actualizada ao seu perfil de moodle
.