Materias que se recomenda ter cursado previamente

Materias que se recomenda cursar simultaneamente

Materias que continúan o temario

Observacións

A materia non esixe requisitos previos. Nembargantes, considéranse recomendables algúns prerrequisitos e coñecementos previos: coñecementos de Historia Universal, familiaridade con conceptos básicos de Economía así como coñecementos do programa Word a nivel de usuario para a realización dos traballos.

Recoméndase familiarizarse co funcionamento da biblioteca universitaria (uso do catálogo e os servizos que ofrece a biblioteca) de cara a realización do traballo do curso.

Así mesmo, recoméndase dispoñer dun ordenador personal con cámara e conexión a internet estable en caso de que a situación sanitaria empeore e se ordene un novo confinamiento. Tamén recordamos que a Facultade de Economía e Empresa dispón de aulas informáticas con ordenadores para o estudantado (véanse máis detalles na web da Facultade sobre o seu uso).