Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Análise das Operacións Financeiras | Código | 611G01004 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 1º cuadrimestre |
Primeiro | Formación básica | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Competencias | Descrición | Cualificación |
Proba de resposta breve | A5 A6 A8 B3 B2 | 1. Tres probas ao longo do curso. 2. Cada unha delas supón o 15% da avaliación final, o que no seu conxunto supón o 45% desta. 3. Consisten nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías |
45 |
Proba mixta | A5 A6 A8 A11 B2 B3 | 1. Trátase dunha única proba para cada unha das oportunidades de avaliación da convocatoria. 2. Supón o 55% da avaliación final. 3. Consiste nun exame seguindo os criterios expostos en metodoloxías. 4. Nos exames tipo test (verdadeiro/falso) e nas de resposta múltiple as preguntas mal respondidas puntuarán negativo. |
55 |
Observacións avaliación | |||
Os criterios de avaliación son os mesmos para cada unha das oportunidades de avaliación. Quere iso dicir que: 1) en ambas as probas de avaliación teranse en conta as cualificacións obtidas nas probas de resposta breve, que supoñen, en conxunto, o 45% da cualificación final; 2) o exame correspondente á proba mixta, en ambas as oportunidades de avaliación, se cualifica sobre 5,5 puntos (o 55% da avaliación final). A avaliación do alumnado que ten dedicación a tempo parcial recoñecida ou exención parcial de asistencia a clase rexerase polos mesmos criterios aplicados ao resto do alumnado. Na convocatoria adiantada, e só neste caso, realizarase unha proba mixta encamiñada a avaliar todas as competencias e contidos propios da materia.Os criterios de puntuación de cada unha das probas daranse a coñecer no momento da proba e forneceranse xunto co enunciado desta.As probas non realizadas puntúan como cero. As realizadas en fraude supoñen a cualificación de cero puntos na avaliación final.A cualificación de "non presentado" corresponde ao alumno que non participase en ningunha proba de avaliación ou o fixese NUNHA SOA das probas de resposta breve. Os únicos utensilios cos que está permitido o acceso ao recinto da proba son os básicos para contestar o exame: lapis, bolígrafo ou pluma, goma de borrar e calculadora electrónica non programable. Está expresamente prohibido o acceso ao recinto do exame con: a) teléfonos móbiles e calquera outros dispositivos capaces de comunicación a distancia e/ou de almacenamento de información; b) apuntamentos, anotacións, libros ou material similar que non fose autorizado expresamente na convocatoria do exame ou na páxina web (Moodle) da materia. A non observancia desta norma supón o que se considere como realizada a proba en fraude e iso con independencia de que quen teña no recinto da proba tales dispositivos ou material sinalado utilizáseos ou non no curso desta. O alumno ha de acreditar á súa personalidade de acordo á normativa vixente. |