Metodoloxías
Estudo de casos
Lecturas
Sesión maxistral
Descrición
En cada un dos casos ofrecerase atención personalizada aos estudantes tanto nas sesións de clase coma no horario de titorías.

Alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: No caso de alumnos con dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, empregarase a plataforma Moodle e o correo electrónico como vehículo de comunicación principal para a xestión de contidos, titorías e a entrega de traballos. Acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación, mais terán a mesma obriga de realizaren actividades e de acudiren a calquera tipo de proba de avaliación que o alumnado a tempo completo.

Ademais, se realizarán tamén actividades de orientación docente nas titorías de grupo reducido (4 horas para cada grupo de 15 alumnos) durante o curso.