Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta breve A2 A3 A4 A8 A9 A11 A12 A13 B2 B4 B5 B6 B9 C1 C4 C6 Realizaranse catro probas de resposta breve e resolución de problemas para comprobar a aprendizaxe continua ao longo do curso. 20
Proba obxectiva A4 A5 A7 B2 B1 B3 B4 B5 B6 A proba final da materia inclúe un test de coñecementos mínimos de Macroeconomía, preguntas de desenvolvemento do programa e/ou problemas. 70
Solución de problemas A1 A2 A3 A4 A5 A7 A8 A9 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B3 B4 B5 B6 B7 B8 B9 C1 C2 C3 C6 O profesor propoñerá actividades ao longo do curso, como solución de problemas e exposición de resultados, e realización de exercicios sobre os contidos estudados. Valorarase a resolución e a exposición dos problemas en clase, de forma individual ou en conxunto e tamén as solucións dadas aos exercicios propostos. 10
 
Observacións avaliación
1. Requisitos para aprobar a materia

. É necesario alcanzar unha nota final de, polo menos, 5 puntos sobre 10 para poder conseguir unha cualificación de "aprobado". Ademais, é necesario contestar de forma correcta a 15 preguntas sobre 20 no test de coñecementos mínimos de Macroeconomía. Unha puntuación inferior no test de coñecementos mínimos implica a cualificación final de "suspenso".

2. Sobre a cualificación de "non presentado"

. Corresponde ao alumnado, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

3. Sobre as condicións da avaliación final.

Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

4. Sobre a avaliación en segunda oportunidade e na oportunidade adiantada

. Os criterios de avaliación establecidos nesta guía son de aplicación a todas as oportunidades. Na segunda oportunidade e na oportunidade adiantada é posible recuperar os puntos da avaliación continua (solución de problemas e probas de resposta breve) mediante preguntas adicionais á proba obxectiva final.

Tempo parcial e exención de asistencia: Os alumnos que teñan recoñecida a matrícula a tempo parcial e exención
de asistencia seguirán o mesmo sistema de avaliación establecido para a
segunda oportunidade de todos os alumnos a tempo completo.