Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A1 A2 A5 A7 A11 A12 B2 B3 B4 B5 B6 B7 B8 C1 C4 C6 C7 C8 As diferentes actividades desenvolvidas durante o curso serán avaliadas para obter a cualificación desta parte. Podería haber diferentes ponderacións para cada actividade segundo a súa tipoloxía ou dificultade. Valoraranse en gran medida o esforzo persoal a aprendizaxe continua e a comunicación escrita e/ou oral. 60
Proba mixta A4 A5 A6 A8 A10 A11 A12 A13 B2 B1 B4 B6 B8 C1 C3 C6 C7 C8 Proba escrita sobre os coñecementos teóricos e prácticos adquiridos sobre os procesos de integración económica a economía europea.
Realizaráse en período de exámenes.
Esíxese unha cualificación igual o superior a 4/10 nela para superar la materia.
40
 
Observacións avaliación

1.  Cualificación de non presentado: Corresponde ao alumno, cando só participe de actividades de avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a cualificación final, con independencia da cualificación alcanzada.

2.  Segunda oportunidade e convocatoria adiantada: Os criterios de avaliación son os mesmos para todas as oportunidades de avaliación. En ambas situacións será posible recuperar ata dous puntos da avaliación continua (o 20% da cualificación final da manteria) mediante unha proba mixta. Indicarase con antelación cando se ha de facer esa recuperación.

 3.  Estudantes con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia: Excepto para as datas aprobadas na Xunta de Facultade para a proba obxectiva final, para as restantes probas acordarase ao comezo do curso un calendario específico de datas compatible coa súa dedicación.

4.  Sobre condicións de avaliación final: Está prohibido acceder á aula de exame con calquera dispositivo que permita a comunicación co exterior e/ou almacenamento de información.

5.  Identificación do estudante: O estudante ha de acreditar a súa personalidade de acordo coa normativa vixente.