Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O curso comezará cunha sesión expositiva na que se presentará a materia, exporanse con detalle o traballo a desenvolver polos alumnos e os criterios de avaliación e, repasaranse os conceptos básicos das materias de Econometría anteriormente cursadas.
Sesión maxistral
Docencia expositiva consistente en leccións impartidas polos profesores, nas que se desenvolverá o contido teórico do programa mediante exposición oral complementada por medios audiovisuais.
Obradoiro Docencia interactiva dedicada á solución de exercicios nos que se aplican os conceptos teóricos.
Prácticas a través de TIC Sesións interactivas dedicadas á presentación e aplicación das ferramentas informáticas relacionadas cos contidos do programa.
Proba mixta Proba escrita para avaliar o grao de aprendizaxe.