Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Explicación dos contidos do programa teórico da materia mediante a exposición oral, guiada co uso de presentacións, a través de medios audiovisuais.
Non se entregará aos alumnos/as as diapositivas.
Presentación oral O grupo que os profesores designen deberá expoñer na clase práctica a lectura correspondente e/ou o traballo de casos práticos, así como responder as cuestións que se lle expoñan aos seus integrantes.
Traballos tutelados Facilitaranse textos e lecturas e/ou traballos prácticos sustentados en análises bibliográficas dos diferentes temas aos alumnos como complemento á clase maxistral. Deberán ser traballados en grupo e resolver cuestións que se lles expoñan acerca dos mesmos.
Proba de resposta múltiple Test de resposta múltiple individual. Cada pregunta mal contestada penaliza a cualificación da proba (tres preguntas mal contestadas contrarrestan unha correcta) e non se poderá deixar en branco ningunha cuestión.