Metodoloxías Descrición
Discusión dirixida Cuestións teóricas e prácticas para resolver en sesións interactivas.
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto que lle describe unha situación real ou suposta da vida profesional, e debe ser capaz de analizalo e resolvelo.
Sesión maxistral Exposición oral e escrita, combinada coa introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Solución de problemas Cuestións prácticas para resolver en sesións interactivas.
Seminario Impartiranse en grupos de 15 alumnos. Principalmente, esta tutoría servirá para resolver dúbidas dos contidos teóricos e prácticos. Así mesmo, servirán para explicar ou rsolver dúbidas sobre a metodoloxía de resolución dos exames.
Proba obxectiva A proba escrita do exame pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve, de desenvolvemento e/ou de discriminación. No caso de combinar preguntas de tipo test con outras de desenvolvemento, poderase esixir un mínimo en cada unha das partes do exame para superar a materia.