Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Nas sesións maxistrais exporanse os contidos teóricos do temario da materia facendo especial fincapé naqueles asuntos de máis difícil comprensión. Empregaranse tecnoloxías como a presentación eléctrónica, a folla de cálculo...
Estudo de casos Proporase ao alumnado unha colección de casos para que sexan resoltos de maneira individual ou en grupo. Para a resolución deberán empregar como ferramento básica a folla de cálculo. Esta metodoloxía forma parte da avaliación continua.
Prácticas a través de TIC Desenvolvemento e implantación de modelos de análise a través de follas electrónicas. Progamaranse sesións con orientación ao traballo en grupo.
Proba mixta Esta proba consistirá nun conxunto de cuestións de formato diferente sobre os aspectos teóricos, exercicios prácticos e casos vistos durante o desenvolvemento da materia.