Metodoloxías
Seminario
Discusión dirixida
Descrición
Aconséllase face-las consultas nas horas de titoria. Se houbera algun impedimento, pode buscarse unha hora que se axuste ao horario do alumno previo acordo co profesor.

Formaranse dous grupos reducidos de 15 alumnos. Ao finaliza-lo temario, realizaranse duas titorías para cada un dos subgrupos formados coa finalidade de orientar na preparación da asignatura. Avisarase con suficiente antelación da aula e a data na que terán lugar estas titorias.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.