Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Cuestións prácticas para resolver en sesións interactivas
Proba obxectiva Proba escrita que pode combinar preguntas de resposta múltiple, de ordenación, de resposta breve e/ou de discriminación
Estudo de casos O alumno sitúase ante un problema concreto (caso) que lle describe unha situación real ou suposta da vida profesional e debe ser capaz de analizalo e resolvelo
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe
Seminario Formulación e solución de problemas concretos con utilización de ferramentas TIC en grupos reducidos. Estes seminarios realizaranse en grupo reducido de 15 alumnos e levaranse a cabo fóra do horario lectivo habitual.
Discusión dirixida Cuestións teóricas e prácticas para resolver en sesións interactivas