Metodoloxías
Lecturas
Traballos tutelados
Estudo de casos
Descrición
O profesor axuda ao alumno a elixir un tema apropiado e oriéntao na súa realización, revisando a súa estrutura, conclusións, etc.

Formaranse dous grupos de 15 alumnos. Estes dous grupos recibirán unha tutoría de 4 horas cada un (en dúas sesións de dúas horas) para poder resolver dúbidas sobre a elaboración dos traballos ou outras cuestións da materia.

Para os alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de asistencia, acordarase un calendario de tutorías compatible coa súa dedicación.