Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Formaránse dous subgrupos de 15 alumnos. Fixaránse as titorias que han durar ata 4 horas para cada un deses subgrupos e planificaránse ao longo do curso. Serán anunciadas con suficiente antelación.
Destinadas a reforzar a aprendizaxe autónoma do alumnado a través do seguimento e mais a supervisión das distintas actividades programadas (procura de datos económicos, fontes bibliográficas, resolución de problemas, exposición de traballos).

O alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia poderá facer o traballo de xeito individual. A titoría personalizada acordarase entre o profesor e o alumno.