Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral Impartiranse aulas nas que presentarán contidos teóricos combinados coa realización de exercicios prácticos.
Prácticas a través de TIC Impartiranse aulas prácticas, nas que se traballará cos computadores das aulas de informática do centro.
Solución de problemas Proporanse problemas e traballos relacionados co contido visto durante as sesións maxistrais. O prazo e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados na moodle da materia.
Traballos tutelados Proporase un traballo que o alumnado terá que levar a cabo de forma individual. O prazo e as normas de entrega estableceranse durante o curso e quedarán publicados no moodle da materia.
Proba mixta Avaliarase o grao en que foron aprendidos os contidos traballados nas aulas e o coñecemento adquirido a través do traballo persoal.