Metodoloxías
Sesión maxistral
Prácticas a través de TIC
Traballos tutelados
Descrición
- Titorías individuais ou grupais a demanda do alumnado durante os horarios de titorías do profesorado, ou noutro horario acordado por ambas as partes. Desenvolveranse a través de Teams, preferentemente, mais tamén por Moodle, teléfono e email.

- Titorías grupais programadas: realizaranse unha ou dúas titorías grupais de cara a preparar a proba mixta. As datas estableceranse e publicaranse en Moodle, unha vez coñecidas as datas oficiais de exames en cada oportunidade. Realizaranse a través de Teams.

Alumnado con dedicación a tiempo parcial y dispensa académica de exención de asistencia:
A solicitude de cada alumna/o nesta situación, acordarase ao inicio do curso un calendario específico de titorías compatible coa súa dedicación.