Metodoloxías Descrición
Solución de problemas Resolución de exercicios prácticos de aplicación dos conceptos teóricos básicos da materia
Sesión maxistral Desenvolvemento dos conceptos teóricos e prácticos básicos da materia
Estudo de casos O/a alumno/a realizará un traballo en grupo no que desenvolverá o sistema de cálculo do custo do produto ou servizo dunha empresa da súa elección
Proba mixta Exame escrito no que a alumno terá que demostrar ter acadados os resultados de aprendizaxe; a proba incluirá teoría e práctica. Nas sesións de atención personalizada desenvolveranse titorías en pequeno grupo coa fin de aclarar as dúbidas que o alumnado poida ter cara á proba mixta.