Metodoloxías
Obradoiro
Proba obxectiva
Prácticas a través de TIC
Descrición
A atención personalizada permite resolver as dúbidas específicas que lle poden xurdir a cada alumno tanto na comprensión dos conceptos teóricos como na súa aplicación. Nos obradoiros, cada estudante atopa dificultades en puntos distintos das aplicacións prácticas, de maneira que é necesario un traballo individual con cada un deles para que non perdan o ritmo da clase na súa resolución. Para preparar a proba obxectiva, cada alumno ten dúbidas específicas que requiren unha atención especial. Nas prácticas a través de TIC, a heteroxeneidade dos estudantes no dominio das ferramentas informáticas fai que os problemas que se suscitan durante o seu desenvolvemento sexan múltiples e variados, e é necesario resolvelos de forma individualizada.