Metodoloxías
Sesión maxistral
Solución de problemas
Prácticas a través de TIC
Descrición
As titorías desenvolveranse en formato telemático e, de ser síncronas, previa petición de cita por correo electrónico. Son aplicables os límites que sinala a normativa de dedicación docente do profesorado da UDC e o dereito á desconexión dixital previsto na LO 3/2018. Estes criterios son de aplicación tamén ós alumnos con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia.
As TGR programaranse coa debida antelación, en dúas sesións, nas datas e formato que conveñan considerando as necesidades do grupo e a situación sanitaria, ata sumar un total de 4 horas.