Metodoloxías Descrición
Proba de resposta breve Os alumnos deberán someterse a un control de respostas breves nas que poderán demostrar a suficiencia do traballo persoal realizado e dos coñecementos adquiridos
Discusión dirixida Analizado un tema ou unha metodoloxía, formúlase a súa aplicación a distintas situacións nas que se esixe unha participación activa por parte do alumnado. A devandita participación require a súa previa preparación como traballo persoal.
Estudo de casos Selecciónanse contas anuais e os seus correspondentes informes de auditoria depositados na Comisión Nacional do Mercado de Valores. Analízase a casuística existente en cada uns deles. O alumno que presenta o caso responde ás solicitudes de aclaración que lle realizan o seu compañeiros, os cales deben concluír cunha avaliación da información financeira presentada, os riscos existentes e o traballo realizado polo auditor.
Sesión maxistral Presentación dos temas aos alumnos. Descrición dos obxectivos de aprendizaxe. Enfase práctico dos conceptos mais importantes.