Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba de resposta múltiple B2 B3 C6 Preguntas Test de resposta múltiple (catro opcións). As preguntas mal contestadas penalizan. A proba de resposta múltiple establece un mínimo para
poder superar a materia. É dicir, independentemente da cualificación alcanzada na parte práctica, se non se alcanzase unha puntuación mínima de 5,0 puntos sobre 10 na proba de resposta múltiple non se computará esta nota e a materia considerarase como non superada.
No caso de non ser superado o exame test e, por tanto, non aprobarse a materia, a cualificación final que figurará na correspondente acta será a alcanzada no devandito exame test e ponderada ao 50%.

50
Estudo de casos A12 A19 B4 B5 B11 B12 Facilitaranse textos e lecturas sobre empresas e casos reais que deberán ser traballados polo alumno en grupo para a súa posterior exposición en público.
As lecturas serán facilitadas polo profesor ao finalizar cada tema teórico.
50
 
Observacións avaliación

Cualificación de non
presentado: corresponde ao alumno cando só participe en actividades de
avaliación que teñan unha ponderación inferior ao 20% sobre a
cualificación final, con independencia da puntuación obtida.

Na convocatoria adiantada e para a segunda oportunidade seguirase o mesmo criterio do 50% para as probas de resposta múltiple e 50% para o estudo de casos.

Para o alumnado con recoñecemento de dedicación a tempo parcial e dispensa académica de exención de asistencia, tanto na primeira como na segunda oportunidade, os criterios de avaliación rexiranse dacordo a realización dunha proba mixta, cun peso do 100% sobre a calificación. tratarase dunha proba na que se incluirán cuestións teóricas eprácticas e na que o alumnado terá que demostrar ter acadado as competencias e os resultados de aprendizaxe da materia.