Metodoloxías Descrición
Prácticas a través de TIC Execución de cada unha das técnicas multivariantes utilizando software estatístico (fundamentalmente SPSS) na aula de informática. Farase especial fincapé na comprobación dos supostos necesarios para a correcta aplicación e na adecuada interpretación dos resultados, para cada unha das técnicas estudadas
Solución de problemas Presentación escrita das actividades realizadas e propostas nas prácticas de laboratorio.
Traballos tutelados O alumno proporá e realizará un traballo de análise de datos reais, onde utilice unha ou varias das técnicas multivariantes da materia. O traballo realizarase de forma individual ou en grupo pequeno.
Proba obxectiva Exame tipo test
Sesión maxistral Exposición por parte do profesor dos fundamentos de cada unha das técnicas estatísticas multivariantes do programa.