Metodoloxías
Proba obxectiva
Prácticas de laboratorio
Descrición
A atención personalizada concrétase en diferentes situacións:
- Asignación de tempo para cada alumno, mediante cita previa por correo electrónico (carlos.agrasar@udc.es), para que poida acudir a titorías personalizadas cos profesores/as, nas que se resolverán as dúbidas e se darán consellos para a axeitada aprendizaxe da materia.
- No caso de alumnado con matrícula parcial, poderán consultar todas as súas dúbidas por correo electrónico, ou concertando unha cita previa para manter unha conversación telefónica.
- Interacción persoal co alumno nas prácticas de laboratorio nas que os profesores/as resolverán as dúbidas que poidan xurdir e comprobarán a aprendizaxe ao longo do curso.
- Atención ás consultas personalizadas que se fagan a través do correo electrónico.
- Revisión da proba obxectiva, na que se explicarán os erros nos conceptos básicos e se aclararán dúbidas.