Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Proba obxectiva A14 A27 A29 B1 B7 B9 B11 C3 C6 Ver a continuación. 100
 
Observacións avaliación

IDIOMA. Todas as probas de avaliación
desenvolveranse en CASTELÁN. Con todo, se algún estudante
desexase realizar a proba global ou o exame final en galego, deberá solicitalo con 30
días de antelación
 á data da súa celebración. Por dificultades
técnicas, este exame constará de preguntas seleccionadas polos profesores e non
terán o carácter aleatorio da versión en castelán.



Avaliación inicial



Proponse unha
avaliación inicial, que non se terá en conta para a cualificación final.
Constará de probas NON PRESENCIAIS desenvolvidas a través da plataforma de
tele-ensino da UDC (Moodle). Servirá para que cada alumno ou alumna identifique
o grao de coñecemento previo sobre os contidos necesarios para un progreso
adecuado na materia. A través da plataforma ou por medio de titorías, o
profesor proporcionará orientación e consellos para axudar a superar as
deficiencias detectadas.



PRIMEIRA OPORTUNIDADE (xaneiro)



SÓ SE CONTEMPLA UNHA
AVALIACIÓN CONTINUA
 que incluirá
actividades de avaliación formativa (ao longo do cuadrimestre) e unha
actividade final (proba global) na data da primeira oportunidade (xaneiro). A avaliación
formativa supoñerá o 80% da cualificación final e a proba global o 20%
restante. Para aprobar a materia será necesario obter unha cualificación final
igual ou superior ao 50% da máxima posible.



Avaliación formativa
(80%)



Na avaliación
formativa contémplanse dúas modalidades complementarias: presencial e non
presencial. A primeira supoñerá o 60% da cualificación final e, a segunda, o
20%. Os resultados obtidos na avaliación formativa presencial non condicionarán
a posibilidade de manter a avaliación continua; en cambio, para manter a
avaliación continua e acceder á proba global da primeira oportunidade
(xaneiro), será necesario que a puntuación media ponderada de todos os módulos
na avaliación formativa non presencial alcance ou supere o 70% e a de ningún
módulo sexa inferior ao 50%.



avaliación FORMATIVA PRESENCIAL consistirá na realización de
probas obxectivas durante as sesións maxistrais ou durante as prácticas de
laboratorio. En todas ou algunhas das sesións ou clases prácticas, sen aviso
previo, propoñerase ao alumnado a realización de probas obxectivas (entre 13 e
32 ao longo do cuadrimestre) sobre os contidos e competencias tratados nesa
mesma sesión ou nas precedentes. O único requisito esixido para a realización
destas probas é a presenza física na aula no momento da súa celebración ou estar
conectado/a a Teams, segundo as circunstancias. En caso de ausencia e salvo por
causas debidamente xustificadas, de acordo coa normativa da UDC, non se
concederán máis oportunidades. O 60% da puntuación media de todas as probas
sumarase á cualificación final (máximo de 6 puntos). Para o cálculo da media
dividirase a suma de todas as puntuacións obtidas entre o número de probas
celebradas (incluíndo, por tanto, aquelas ás que o alumnado non se presentou).



Para participar na avaliación FORMATIVA NON PRESENCIAL será
necesario responder de forma ordenada e secuencial á proba obxectiva de todos e
cada un dos temas a través da plataforma de tele-formación. Cada estudiante
dispoñerá de 3 intentos en cada tema que poderá responder de forma NON
PRESENCIAL en 3 días diferentes (terán que transcorrer polo menos 24 horas
entre un intento e o seguinte).



Antes de acceder á proba do primeiro tema, o alumnado deberá contestar ás
probas que se contemplan nas actividades iniciais. A continuación, comezará
polo tema 1 e só poderá acceder ao seguinte, en orde sucesiva, sempre que polo
menos nun dos intentos acade unha puntuación igual ou superior ao 30% (3 puntos
sobre 10).  Se non superase o 30%, perdería o dereito á avaliación
formativa e para aprobar a materia o alumno ou alumna só podería optar ao exame
final da segunda oportunidade (xullo). Para que este proceso teña un carácter
verdadeiramente formativo, establecerase un calendario o suficientemente
flexible, cunhas datas límite nas que deberán completarse as probas de cada
módulo.



Para superar a avaliación formativa non presencial, a media ponderada de todos
os módulos terá que ser igual ou superior ao 70% e a de ningún módulo poderá
ser inferior ao 50%. En caso contrario, perderase o dereito á avaliación
continua e non se poderá optar ao aprobado na primeira oportunidade (xaneiro);
neste caso só se poderá superar a materia no exame final da segunda
oportunidade.



Para calcular a media ponderada, o peso dos módulos será: M1 = 5,26 %; M2 =
15,79 %; M3 = 26,31 %; M4 = 36,84 %; M5 = 15,79 %. A cualificación de cada
módulo calcularase utilizando a media simple das puntuacións máis altas obtidas
en cada un dos seus temas.



A avaliación
formativa non presencial sumará o 20% da cualificación final (máximo 2 puntos
sobre 10).



Cada proba obxectiva (presencial
ou non presencial) consistirá nun cuestionario online de entre 5 e 15 preguntas
que poderán ser de diferentes tipos: test de opción única ou múltiple,
verdadeiro-falso, de relacionar, de ordear, de completar, de calcular... De
forma xeral, o tempo de realización será de 1 minuto por pregunta, aínda que,
nalgunhas delas, que requiran cálculos, permitirase un tempo maior.



A modo de exemplo:



  • Cada pregunta tipo
    test de opción única terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada
    acerto valerá 1 punto e cada erro -0,25 puntos (para contrarrestar a
    probabilidade de acerto polo azar).
  • Cada pregunta tipo
    test de opción múltiple terá 4 posibles respostas e puntuarase como segue: cada
    acerto valerá 1/nº de opcións verdadeiras e cada erro valerá -1/nº de opcións
    falsas. Desta forma, nunha pregunta con 1 opción verdadeira, o acerto valerá +
    1 punto e cada erro - 0,33 puntos; con 2 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,50 e cada erro - 0,50 puntos; con 3 opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá 0,33 e cada erro - 1 puntos; con catro opcións verdadeiras, cada acerto
    valerá + 0,25 puntos.
  • No caso das
    preguntas de verdadeiro-falso ou de completar, cada acerto valerá + 1 punto e
    cada erro - 0,50 puntos (para contrrrestar a probabilidad de acerto polo azar).







Actividade de
avaliación final (proba global) (20%)



Esta actividade ten
carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a Teams segundo as
circunstancias. 



No caso de que se
celebre na aula SERA OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN
MÍNIMA DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos
e alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á
necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do
exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo
na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e
poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na
plataforma Moodle.



Só poderá realizar a
proba global (convocatoria da primeira oportunidade, en xaneiro) quen teña
superada a avaliación formativa non presencial. 



Para que esta proba
se téña en conta no cálculo da cualificación final, a media ponderada de todos
os módulos terá que ser igual ou superior ao 50% e a de ningún módulo poderá
ser inferior ao 40%. En caso contrario, non se superará a avaliación continua e
para poder aprobar a materia habería que acudir á segunda oportunidade.
Utilizaranse os mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non
presencial.



A proba consistirá
nun cuestionario de 95 preguntas coas características, forma de puntuación e
dispoñibilidade de tempo indicadas máis arriba. Repartiranse da seguinte forma:
5 para o módulo 1; 15 para o módulo 2; 25 para o módulo 3; 35 para o módulo 4;
15 para o módulo 5.



Cualificación final



A cualificación final
obterase sumando o 60% da puntuación acadada na avaliación formativa
presencial, o 20% da puntuación obtida na avaliación formativa non presencial e
o 20% da proba global, sempre que se cumpran os requisitos mínimos esixidos
para cada unha delas.



Alumnado con matrícula
a tempo parcial



Para asegurar a posibilidade de
avaliación continua do alumnado con matrícula a tempo parcial, sempre que teña
a dispensa preceptiva para non asistir ás actividades presenciais, permitirase
de maneira excepcional, e previa concertación co profesor, a realización das
probas da avaliación formativa presencial en momentos diferentes ao resto dos
seus compañeiros e nun horario razoable.



Para as demais actividades non se
contemplan alternativas específicas porque a única actividade presencial
obrigatoria é o exame final e nas restantes disponse de suficiente flexibilidade
de datas e horarios para que cada persoa poida organizarse segundo mellor
conveña ás súas circunstancias.



Alumnado con diversidade
funcional



Considerando que a
diversidade funcional pode ser moi variada, non se propón unha solución
concreta, pero si se contempla a posibilidade de establecer as adaptacións
necesarias para atender de forma persoal e específica a cada un dos casos que
se poidan presentar para garantir a igualdade de oportunidades. Nestes casos, o
alumno ou alumna solicitaría unha titoría co profesor para que este poida
prestarlle a atención personalizada que requira e ofrecer as solucións máis
adecuadas.



SEGUNDA OPORTUNIDADE
(xullo)



Esta actividade ten
carácter PRESENCIAL na aula ou por conexión a Teams segundo as circunstancias.



No caso de celebrarse
na aula, SERÁ OBRIGATORIO INSCRIBIRSE E ELIXIR HORARIO CUNHA ANTELACIÓN MÍNIMA
DE 48 HORAS Á SÚA CELEBRACIÓN. Considerando o elevado número de alumnos e
alumnas que se matriculan anualmente nesta materia, este requisito obedece á
necesidade de organizar na plataforma os grupos e os horarios de celebración do
exame, que serán de entre 25 e 50 persoas segundo a dispoñibilidade de espazo
na aula. Para iso, avisarase a todo o alumnado con suficiente antelación e
poderase realizar a inscrición a través dunha lista (enquisa) habilitada na
plataforma Moodle. 



Para os alumnos que tendo
aprobada a avaliación formativa durante o mesmo curso suspendesen a proba
global na primeira oportunidade, contémplase a realización doutra proba global
na que se respectarán as mesmas condicións que na primeira ocasión, aínda que na
oportunidade de xullo só terían que examinarse dos módulos nos que non tivesen
alcanzado un 40% na primeira oportunidade.



Para os/as estudantes
que  non tiveran aprobada ou non tiveran realizada a avaliación formativa,
só se contempla un EXAME FINAL (exame único) que supoñerá o 100% da
cualificación final e para superalo deberán obter unha puntuación de polo menos
un 50% en todos e cada un dos módulos. A cualificación final calcularase cos
mesmos criterios de ponderación que na avaliación formativa non presencial.



Ambas as probas consistirán
nun cuestionario das mesmas características que na primeira oportunidade.



OPORTUNIDADES
POSTERIORES (cursos seguintes)



Para os cursos
posteriores conservarase a cualificación obtida na avaliación formativa, sempre
que esta fose aprobada, polo tanto, as persoas que reunisen dita condición só
terían que presentarse á proba global, nas mesmas condición que o alumnado do
ano académico en curso.



EN NINGÚN caso se
conservarán módulos aprobados de forma illada, tanto na avaliación formativa
como nas avaliacións final ou global.



COLABORACIÓN OPTATIVA
CON GRUPOS DE INVESTIGACIÓN (máximo 1 punto)



Na Facultade de
Ciencias do Deporte e a Educación Física desenvolven o seu labor investigador e
docente varios grupos de investigación cuxas áreas de traballo están vinculadas
co control motor e as respostas e adaptacións ao exercicio: Motor Control
Group, Performance and Health Group e INCIDE (Investigación en Ciencias do
Deporte).



Unha vez superada a
materia, pódese obter 1 punto extraordinario, que se sumará á cualificación
final, colaborando activamente nas tarefas de investigación dalgún destes grupos
e/ou participando nos seminarios específicos que ofertan a tal fin. Esta
colaboración será de carácter voluntario (NON É OBRIGATORIA) e non se terá en
conta para alcanzar o aprobado. 



Participar nas
devanditas actividades supón a posibilidade de aplicar na práctica os
coñecementos e competencias adquiridos na materia e de profundar nos conceptos
e no dominio técnico de moitos dos seus contidos. 



Finalizada a
colaboración, o Director do grupo que corresponda outorgará a cada alumno unha
cualificación entre 0 e 1 punto que se trasladará á cualificación final.



CUALIFICACIÓNS FINAIS



As cualificacións
finais expresaranse mediante cualificación numérica, de acordo co establecido
no artigo 5 do RD 1125/2003 do 5 de setembro (BOE 18 de setembro), polo que se
establece o sistema europeo de créditos e o sistema de cualificacións nas
titulacións universitarias de carácter oficial. Estas cualificacións serán:
0-4,9=Suspenso; 5-6,9=Aprobado; 7-8,9=Notable; 9-10=Sobresaliente; a partir de
9 a Matrícula de Honra corresponderá (dentro do número máximo permitido) ás
mellores cualificacións.