Metodoloxías
Presentación oral
Descrición
Seguimento da realización de traballos tutelados e de revisión sobre os temas da materia, así como a presentación e discusión pública dos máis relevantes.

Realizaranse titorías persoalizadas, ou en pequeno grupo, de seguimento da materia e sobre as posibles dificultades xurdidas no desenvolvemento das tarefas y traballos da mesma. Estas titorías realizaránse prioritariamente de xeito presencial, pero, en caso de necesidade ou continxencia, realizaránse vía Teams, complementándose coa utilización da plataforma Campus Virtual e o correo electrónico

Cando un alumno/a teña dificultades para o seguimento do curso, e polo tanto na avaliación, por ter matrícula parcial ou outras situacións, se valorará por ambalas partes a mellor maneira para adaptar as accións que se levarán a cabo, sen xerar disfuncións coas formulacións xerais nos diferentes apartados da presente Guía Docente.