Vista para imprimir Exportar a pdf
Datos Identificativos 2020/21
Asignatura (*) Actividade física saudable e calidade de vida II Código 620G01036
Titulación
Grao en Ciencias da Actividade Física e do Deporte
Descriptores Ciclo Período Curso Tipo Créditos
Grao 2º cuadrimestre
Cuarto Obrigatoria 6
Idioma
Castelán
Galego
Modalidade docente Híbrida
Prerrequisitos
Departamento Educación Física e Deportiva
Coordinación
Iglesias Soler, Eliseo
Correo electrónico
eliseo.iglesias.soler@udc.es
Profesorado
Giraldez Garcia, Manuel Avelino
Iglesias Soler, Eliseo
Márquez Sánchez, Gonzalo José
Correo electrónico
manuel.avelino.giraldez.garcia@udc.es
eliseo.iglesias.soler@udc.es
gonzalo.marquez@udc.es
Web
Descrición xeral As materias Actividade física saudable e calidade de vida I e II conforman as disciplinas que de forma obrigatoria o alumnado do grao cursará detro do módulo ACTIVIDADE FÍSICA SAUDABLE E CALIDADE DE VIDA. Ambas as materias entendemos que deben complementarse e nesta sentido Actividade física saudable e calidade de vida II abordará fundamentalmente cuestións referidas á prescrición de exercicio desde as perspectivas rehabilitadora, preventiva e de incremento do benestar. En atención á descrición do módulo a materia estruturarase contorna a 4 bloques: -Prevención e readaptación funcional de lesións e patoloxías do aparello locomotor -Prescrición personalizada de exercicio para a mellora da aptitude física relacionada coa saúde. -Activida e exercicio físico orientado á saúde na Educación Física escolar -Prescrición de exercicio físico e envellecemento
Plan de continxencia 1. Modificacións nos contidos Non se realizan cambios nos contidos 2. Metodoloxías *Metodoloxías docentes que se manteñen En caso de confinamento, tódalas metodoloxías sufrirían adaptación *Metodoloxías docentes que se modifican - Actividades iniciais. Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición do alumnado en Stream e Moodle - Traballos tutelados. Mantéñense os criterios, se ben a titorización farase a través de Teams - Solución de problemas. Mantéñense os criterios. No caso de traballos que requiran do tratamento de datos recollidos nas clases interactivas, éstes serían facilitados polos profesores - Sesión maxistral. Se impartirá por videoconferencia a través de Teams, gravándose e poñéndose a disposición dos/das alumnos/-as en Stream e en Moodle - Proba mixta. Será non presencial, mediante emprego da plataforma Moodle. Levarase ó cabo na data e hora oficial - Presentación oral. A presentación do traballo tutelado farase por videoconferencia mediante o emprego de Teams - Prácticas de laboratorio. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle - Simulación. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle - Obradoiro. En caso deconfinamento, sustituirase pola descrición das actividade e a exemplificación mediante material audiovisual, que serán presentadas ó alumnado a través de Teams gravándose e poñéndose a disposición dos alumnos en Stream e en Moodle 3. Mecanismos de atención personalizada ao alumnado Se indican medios e temporalidade: Moodle. Semanalmente apórtanse materiais e tarefas a través desta plataforma. A comunicación de novas faise a través de foro e de quickmail Teams. As sesións maxistrais e interactivas impártiranse por videoconferencia. Asemade as titorías con alumnos/-as individuais e con grupos faranse por este medio en función da demanda, puidéndose empregar asemade para compartir arquivos cos/coas estudantes Correo electrónico. As consultas dos alumnos recibidas por este medio, respóndense nun prazo de 24 horas. 4. Modificacións na avaliación Mantéñense os criterios de avaliación, agás no referido á ponderación de cada apartado, quedando da seguinte maneira: Proba mixta. 40% Traballos tutelados. 25% Presentación oral. 10% Solución de problemas. 25% *Observacións de avaliación: As observacións recollidas na guía orixinal mantéñense, agás no referido á ponderación dos apartados, tal e como indicamos con anterioridade. Ditas ponderacións serán tamén aplicadas ó estudantado que cursara a asignatura por primeira vez en anos académicos anteriores ó 2020-2021 ("alumnos/-as pendentes de anos anteriores").As observacións anteriores son igualmente de aplicación para a segunda oportunidade para tódolos/-as estudantes. 5. Modificacións da bibliografía ou webgrafía As recomendación bibliográficas mantéñense, xa que é con elas coas que se elaboran as presentacións e apuntes de aula. Todo este material está dispoñible para o alumnado en Moodle.
(*)A Guía docente é o documento onde se visualiza a proposta académica da UDC. Este documento é público e non se pode modificar, salvo casos excepcionais baixo a revisión do órgano competente dacordo coa normativa vixente que establece o proceso de elaboración de guías