Metodoloxías
Traballos tutelados
Descrición
Cada grupo deberá indicar por orde de preferencia os bloques temáticos da materia nos que desexaría facer o traballo. Posteriormente, a cada grupo asignaráselle un titor afín á temática elixida, tendo en conta a orde de preferencia manifestada e garantido un reparto equilibrado entre os profesores e os bloques temáticos. Para a realización do traballo estableceranse diversas tarefas secuenciais nas que cada grupo deberá facer as achegas parciais correspondentes nuns prazos indicados previamente. O titor considerará se a achega e adecuada e se o grupo pode avanzar á seguinte tarefa ou se, pola contra, debe corrixila ou mellorala, para o que lle dará as indicacións apropiadas. O proceso de titorización poderá facerse de modos diversos: presencial ou virtual (Teams, correo electrónico ou foro do Campus Virtual).
O alumnado con dedicación a tempo parcial poderá solicitar a realización do traballo de forma individual.