Metodoloxías
Análise de fontes documentais
Traballos tutelados
Descrición
Para a realización do traballo fin de grao, o alumno contará cun profesor da Facultad de Ciencias do Deporte e a Educación Física que exercerá tarefas de orientación e dirección do TFG. Este profesor, siempre que sexa posible, coincidirá co profesor supervisor do alumno durante o Practicum.

ASISTENCIA A TITORÍAS
O profesorado ten asignadas 6 horas semanais de titoría para atención do alumnado en horario oficial establecido. O alumnado de TFG poderá usar dito horario para o seguimento do seu TFG, sempre que avise con antelación, ao obxecto da preparación de dita titoría. O profesorado poderá convocar titorías individuais ou titorías colectivas de TFG, a celebrar en lugar e horario distintos, sempre por acordo entre as partes