Metodoloxías Descrición
Práctica de actividade física Sesións prácticas de navegación sobre embarcacións colectivas nas inmediacións do Dique de abrigo barrie da Maza da Coruña.
Imprescindible roupa e calzado adecuados.
Sesión maxistral Desenvolvemento do programa de contidos da materia.
Impartirase durante o primeiro cuadrimestre na aula da F.C.C.D.E.F.
Traballos tutelados Proposta de progresión didáctica para o ensino-aprendizaxe dunha tarefa específica implícita na navegación a vela
Saídas de campo Visita a astillero e velería
Obradoiro Traballos con cabos e reparacións básicas en cascos de fibra de vidro
Portafolios do alumno Confección do Diario de Prácticas da materia.
Esquemas Realización de esquemas-resumen de dous temas a proposta do profesor
Actividades iniciais Presentación da materia e organización do grupo.
Proba obxectiva Proba escrita consistente en 5 preguntas a desenvolver elixidas de entre os contidos da materia.