Metodoloxías
Práctica de actividade física
Descrición
Estudantes admitidos-as ás Prácticas de Navegación Reais (unha vez superada a proba mixta inicial): O profesor atenderá en terra as cuestións que expoñan o alumnado previas á sesión práctica e igualmente durante a práctica, na medida en que as circunstancias o permitan. Ao finalizar a práctica levará a cabo unha reunión colectiva co fin de analizar as tarefas realizadas, os erros cometidos e propor solucións aos casos presentados.
Aqueles estudantes que non superen o 50% da puntuación na proba mixta inicial, non serán admitidos ás Prácticas de Navegación Rea, e en substitución das mesmas realizarán prácticas de navegación virtual a través do software "Boat Scenario" e as plataformas web que o profesor determine no seu momento.