Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais O primeiro día de clase realizarase unha completa explicación dos aspectos tratados na guía docente co fin de que o alumnado coñeza as competencias que se pretende que adquira.
De igual forma previo á realización de calquera dos traballos e actividades propostos achegarase a información necesaria e procederase á organización do alumnado para o seu óptimo desenvolvemento.
Sesión maxistral Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais e a introdución dalgunhas preguntas dirixidas aos estudantes, coa finalidade de transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Nas propias sesións, integraranse outra metodoloxías como prácticas a través de Tics, aprendizaxe colaborativa ou presentacións orais do alumnado.
Práctica de actividade física Realización por parte do alumnado das tarefas motrices de aprendizaxe propostas: polo profesor, por outros compañeiros ou polo propio alumnado.
Pretende facilitar a práctica do alumnado, ata que sexan capaces de realizar determinadas habilidades específicas cun certo grao de competencia permitindo aplicar sobre o grupo de traballo e sobre si mesmo os coñecementos que vaia adquirindo na materia, que valore a constancia e o esforzo para lograr as metas; e, adquira, se é posible, o interese pola práctica da natación.
Aprendizaxe colaborativa Traballo en grupo non presencial relacionado cos contidos prácticos da materia e co desenvolvemento do traballo teórico-práctico.
Estudo de casos O alumnado sitúase ante un problema concreto (caso), que describe unha situación real, e debe ser capaz de analizala, para chegar a unha decisión razoada a través dun proceso de discusión en pequenos grupos de traballo.
Obradoiro Modalidade formativa orientada á aplicación de aprendizaxes na que se poden combinar diversas metodoloxías/probas (exposicións, simulacións, debates, solución de problemas, prácticas guiadas, etc) a través da que o alumnado desenvolve tarefas eminentemente prácticas sobre un tema específico, co apoio e supervisión do profesorado.
Prácticas a través de TIC Empregarase unha aplicación como Kahoot ou similar, coa intención de estimular ao estudantado para estar ao corrente dos contidos expostos en sesións anteriores ou, mesmo, na propia sesión. Tamén servirá para determinar a participación do alumnado. Os alumnos con menor puntuación poderán ser encargados de elaborar cuestionarios a expor nunha próxima sesión onde se utilice Kahoot.
Tamén se exporán cuestionarios para determinar o grao de comprensión dos artigos propostos relacionados con distintos contidos do temario (relacionado coa metodoloxía "lecturas") a través da plataforma Moodle da UDC.
Saídas de campo Observación e análise de sesións de adestramento en clubs que contemplen a práctica da natación deportiva.
Lecturas Poñeranse a disposición do alumnado, a través da plataforma Moodle, unha serie documentos escritos co fin de profundar nos contidos traballados e, tamén, discutir sobre eles. Tamén se propoñerán títulos de obras relacionadas coa natación deportiva para o estudo, compresión e argumentación de aspectos desenvolvidos na materia.
Portafolios do alumno É un cartafol ou arquivador virtual ordenado por seccións, debidamente identificadas ou etiquetadas, que contén os rexistros ou materiais produto das actividades de aprendizaxe realizadas nun período de tempo, cos comentarios e cualificacións asignadas polo profesorado, o que permite visualizar o progreso do alumnado. O portafolio ou cartafol inclúe todo o que fai o estudantado, como: apuntamentos ou notas de clases, traballos de investigación, guías de traballo e o seu desenvolvemento, comentarios de notas, resumos, probas escritas, auto-avaliacións, tarefas desenvolvidas, comentarios de progreso do alumnado realizado polo profesorado, etc.
Proba mixta Exame final teórico de toda a materia impartida na materia, realizada na data prevista de exame, no cal se incluirán os contidos tratados nas prácticas; o tipo de exame será de exposición escrita (preguntas de desenvolvemento temático e preguntas de respostas breves) e/ou cuestións obxectivas.
Proba práctica Permite observar a evolución en 2 ó 3 dos modelos técnicos presentados e traballados durante o curso.
En xeral, pretende que o alumnado sexa consciente do seu nivel de execución, que aplique sobre o grupo de traballo e sobre si mesmo os coñecementos que vaia adquirindo na materia; e, que valore a constancia e o esforzo para lograr as metas e adquira, se é posible, o interese pola práctica da natación.