Metodoloxías Descrición
Aprendizaxe colaborativa Cooperar nos procesos de aprendizaxe cos compañeiros para facilitar as progresións de aprendizaxe e a elaboración dos traballos (prácticos e teóricos)
Estudo de casos Análise de documentos audiovisuais e/ou escritos sobre rutinas, metodoloxía de ensino e adestramento.
Proba de resposta breve Proba escrita utilizada para a avaliación da comprensión do regulamento.
Proba de ensaio Elaboración en grupo dunha rutina de equipo ou combinada, deseñando a coreografía.
Prácticas clínicas Análise do nivel de execución dos diferentes elementos técnicos para comprender a corrección e a metodoloxía de ensino.
Práctica de actividade física Práctica de todo tipo de exercicios e técnicas específicas relacionadas cos contidos da materia para a súa vivencia e dominio, incluindo a execución en seco e en auga da rutina deseñada.
Traballos tutelados Elaboración individual dun documento escrito coa memoria da rutina deseñada: descrición dos elementos técnicos en relación co acompañamento musical, o percorrido pola piscina, as formacións, etc.
Análise de fontes documentais Procura, consulta e comprensión de fontes documentais diversas de carácter técnico e /ou científico.