Metodoloxías Descrición
Lecturas Lectura crítica dun libro ou conxunto de artigos relativos ós contidos da materia. Debate posterior co profesor.
Traballos tutelados Elaboración dun informe relativo á adaptación dunha igrexa ás directrices litúrxicas posteriores ó Concilio Vaticano II.
Documentaranse planimétrica e fotograficamente a situación anterior, as obras realizadas, os criterios conceptuais, arquitectónicos e litúrxicos utilizados, e a situación actual.
Incluirase, así mesmo, a transcrición dunha conversación sobre o tema co sacerdote ou co arquitecto responsable das obras.
O traballo presentarase en formato pdf. Ademais, achegarase todo o material utilizado en soporte dixital (rtf, jpg, pdf, etc.).
Antes de entregalo traballo compre corrixilo o menos unha vez.
Presentación oral Exposición pública do Traballo tutelado.
Sesión maxistral Exposición de temas relativos á rehabilitación do espazo sagrado no marco da arquitectura contemporánea.