Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Traballos tutelados A5 A6 A7 A8 A9 A10 Metodoloxía deseñada para promover a aprendizaxe - tanto autónomo coma colaborativo - dos estudantes, baixo a tutela do profesor e en escenarios variados (académicos, profesionais e competitivos). Está referida prioritariamente á aprendizaxe de "como facer as cousas". Constitúe unha opción baseada na asunción polos estudantes da responsabilidade da súa propia aprendizaxe.

É necesaria a asistencia para o 80% das sesións interactivas e expositivas.
A avaliación da práctica obrigatoria do obradoiro non se restrinxe aos contidos, ademais, verifícase a autoría do mesmo
50
Portafolios do alumno B5 B7 C1 C3 C8 O resultado final dos traballos realizados na materia plasmarase no portafolios persoal do alumno, físico e dixital, dispoñible físicamente en papel e accesible a través da ferramenta informática para a docencia Moodle.

Avalíanse os resultados, pero a través dun proceso docente tutelado e guiado, onde o esforzo persoal e a evolución intelectual do alumno deberán aparecer reflectidos na documentación final.

É necesaria a asistencia para o 80% das sesións interactivas e expositivas.
A avaliación da práctica obrigatoria do obradoiro non se restrinxe aos contidos, ademais, verifícase a autoría do mesmo. A súa aptitude final será consensuada polo taller de asignaturas.
50
 
Observacións avaliación

Os exercicios a realizar na asignatura teñen un enfoque eminentemente práctico, analítico e profesional, tratando, dende diferentes ópticas, necesidades reais da sociedade que un proxecto de arquitectura debe resolver. Os temas de proxecto son elixidos para cada Curso Académico e os traballos realizados na asignatura serven de base necesaria para o desenrolo do PFC no seguinte cuatrimestre na materia TFM con maior profundidade técnica e proxectual.. 

Consiste na elaboración dun documento de proxecto, a nivel de Proxecto Básico, no que o alumno analiza o contexto, representa o seu estado actual e desenrola ideas que conflúen nun proxecto de arquitectura que define e resolve as relacións territoriais e paisaxísticas, a distribución e aspectos funcionais, o volume e a implantación urbanística, así como os aspectos máis relevantes do soporte e relación co terreo ou a materialidade e acabados principais dos seus elementos. 

No traballo valórase asimesmo a utilización de ferramentas relacionadas co manexo de escalas, condicións de uso, materiais e novas tecnoloxías. A avaliación terá en conta os resultados alcanzados na elaboración e posible tramitación das propostas.

Exísese a asistencia ao 80% das sesións interactivas e expositivas.

A valoración da práctica obrigatoria non se restrinxe aos contidos, tamén, constátase a autoría da mesma.

A aptitude final do traballo presentado na asignatura, que terá seguimento no Obradoiro de confluencia das Asignaturas, deberá estar consensuado por todas elas nunha xunta que o Obradoiro celebrará tra-la entrega.