Metodoloxías
Obradoiro
Actividades iniciais
Presentación oral
Descrición
A avaliación é un proceso continuo, no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o estudiante é controlada e rexistrada. Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante asi o require- infórmaselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
Establécese un perído ao remate do curso, libre de sesións teóricas e de obradoiros, nos que a atención se desenvolve exclusivamente de xeito individual de forma que cada estudante é orientado cara á consecúción dos obxectivos finais da materia ou, no seu caso, á excelencia.
En todo momento do curso os profesores brindan aos estudantes apoio complementario ao docente de xeito individual, en horario coñecido.