Datos Identificativos | 2019/20 | |||||||||||||
Asignatura | Proxectos 1 | Código | 630G02001 | |||||||||||
Titulación |
|
|||||||||||||
Descriptores | Ciclo | Período | Curso | Tipo | Créditos | |||||||||
Grao | 2º cuadrimestre |
Primeiro | Obrigatoria | 6 | ||||||||||
|
Metodoloxías | Descrición |
Sesión maxistral | Exposición oral complementada co uso de medios audiovisuais na que se introducen as achegas teóricas que permitirán ao alumnado enfrontarse coa materia e desenvolver os traballos e prácticas do taller. |
Portafolios do alumno | Conxunto dos traballos realizados ao longo do curso, xunto con apuntamentos gráficos e escritos, acompañados de aclaracións e esquemas da sesión maxistral, conferencias e eventos, se procede, e notas do estudo persoal, e da observación da realidade. |
Obradoiro | O obradoiro de proxectos é a modalidade formativa básica da materia Proxectos 1. O Componse de traballo presencial e non presencial. O traballo proyectual (prácticas individuais e/ou en grupo), complétase con sesións críticas colectivas, debates e comentarios. Nas sesións críticas o alumnado explicará ao conxunto da clase as propostas en desenvolvemento. Nas horas de taller, o alumnado desenvolverá o seu traballo proyectual, co apoio e supervisión do profesorado. Horas non presenciais: revisarase e completarse o traballo desenvolvido na aula. Desenvolveranse, se fose o caso, aqueles traballos específicos para a súa realización individual e autónoma. Acreditación de asistencia ao taller: entrega do traballo realizado en cada sesión semanal. |
Proba obxectiva | Instrumento de medida articulado para avaliar as capacidades e competencias adquiridas polo alumnado en relación á materia. Poderase descompor en partes vencelladas coas metodoloxías "sesión maxistral", e "obradoiro". Preparación da proba práctica: asistencia ás sesións maxistrais, e elaboración dos traballos do obradoiro. |