Metodoloxías Descrición
Actividades iniciais Con estas actividades preténdese orientar ao alumno nos contidos, as metodoloxías, os resultados da aprendizaxe desta materia e de como vai ser avaliado para a súa superación.
Sesión maxistral Aínda que segundo o PDA existe unha hora de teoría independente asignada nesta materia (por unha cuestión administrativa e homogeneizadora da UDC durante a implantación dos plans adaptados a Bolonia), os contidos teóricos sempre se englobaron dentro da práctica como así o acreditan múltiples evidencias e comunicacións en xornadas de innovación docente. Os contidos da materia iranse expondo de maneira non lineal, na secuencia que os profesores estimen máis oportuna para obter os resultados previstos e en función da heteroxeneidade do grupo.

En xeral, as sesións serán teórico-prácticas e realizaranse mediante exposicións orais, complementadas co uso de medios audiovisuais e outros recursos cuxa finalidade é transmitir coñecementos e facilitar a aprendizaxe.
Obradoiro O taller é o núcleo principal da docencia desta materia.

Esta metodoloxía está referida prioritariamente á aprendizaxe do %ou201Ccómo facer as cousas%ou201D e está enfocada para promover a aprendizaxe autónoma dos estudantes, baixo a tutela do profesorado.

Neste taller englóbanse tanto as clases prácticas presenciais como as sesións maxistrais (ver o seu apartado correspondente), así como todo o traballo proposto polo profesorado e que o alumno debe desenvolver no tempo non presencial previsto para esta metodoloxía.

O tempo total previsto para a materia dará lugar a un volume de traballo gráfico, que será determinado previamente polo profesorado e que terá carácter obrigatorio. De maneira xenérica todas as sesións de taller serán teórico-prácticas.

O taller refírese ás dúas partes da materia especificadas no Plan de Estudos: a referente ao debuxo a man alzada e a referente á introdución ao debuxo arquitectónico.
Proba obxectiva As probas obxectivas son o conxunto de exercicios de carácter obrigatorio que o alumnado debe realizar tanto nas datas establecidas polo calendario oficial como naqueloutras datas indicadas polos profesores dentro do taller.