Metodoloxías Competencias Descrición Cualificación
Obradoiro A12 A17 A18 A63 B2 B3 B4 B5 B6 B9 B11 C1 C3 C6 C7 C8 Valoraranse os resultados obtidos no taller teniendo en cuenta o seu seguimento por parte do alumno, a complexidade da solución estrutural, a súa adecuación á proposta arquitectónica, así como o seu desenvolvemento tanto a nivel de cálculo como gráfico. 30
Proba mixta A12 A17 A18 B2 B9 B11 C1 C6 Ditas probas contemplarán a resolución de exercicios teórico-prácticos e o desenvolvemento de determinados aspectos vinculados ao proxecto de estruturas de edificación. 70
 
Observacións avaliación
A avaliación, como sistema de recollida de información orientada á emisión de xuízos de valor (e no seu caso de mérito) sobre o proceso de aprendizaxe, require un desenvolvemento continuo cunha constante implicación do alumno. Con esta premisa, a asistencia e participación do alumno enténdense fundamentais, de forma que unha ausencia inxustificada e reiterativa pode repercutir desfavorablemente na cualificación obtida por curso, en similar proporción que unha carencia de participación ou unha actitude negativa. Nos criterios de corrección recóllense non só a exactitude dos resultados, senón tamén a claridade da presentación, a estruturación da análise efectuada, a utilización de unidades, a correcta aplicación dos criterios normativos, e a terminoloxía empregada, así como a resolución, detalle e calidade gráfica da representación da estrutura, en xeral, e dos diferentes elementos que a compoñen, en particular.

O sistema de avaliación continua (1ª oportunidade) configúrase con:
· Unha proba mixta (exame teórico-práctico) que corresponde aos contidos da primeira parte da materia (A. Deseño de estruturas de aceiro). Esta proba realizarase durante o desenvolvemento do curso na data que oportunamente se estableza.
· Unha proba mixta (exame teórico-práctico) que corresponde aos contidos da segunda parte da materia ( B. Dimensionado de estruturas de aceiro). Esta proba realizarase na data establecida pola ETSAC para o exame de primeira oportunidade.
· A práctica de taller.

Para poder superar a materia por curso (1ª oportunidade) hai que satisfacer as seguintes esixencias:
. Unha asistencia mínima do 80% tanto ás clases expositivas como interactivas e de taller.
. Obter unha cualificación mínima en de 3 sobre 10 en cada unha das dúas probas mixtas.
. Obter unha cualificación mínima no taller de 3 sobre 10 e realizar as entregas parciais establecidas para o efecto.
. Obter unha cualificación final por curso de 5 sobre 10. Na cualificación final a primeira proba mixta representa o 30%, a segunda proba mixta o 40% e a nota de taller o 30%.

No caso de que se incumpra algún delos anteriores requisitos a cualificación do alumno en primeira oportunidade será de Non presentado.

Os alumnos que non superasen a materia por curso (1ª oportunidade) poderán presentarse para a súa avaliación na segunda oportunidade (xullo).

A proba correspondente á 2ª oportunidade constará dunha primeira parte teórica que computará o 30% na cualificación final, unha segunda parte de resolución de exercicios prácticos, que computará un 40%, e unha terceira parte práctica de resolución dunha estrutura, que computará o 30% restante. Na data que para o efecto se estableza, os alumnos que seguisen o curso poderán prescindir da terceira parte do exame (resolución dunha estrutura) sempre que alcanzasen a cualificación mínima de 3 sobre 10 no taller, adoptando en tal caso a cualificación obtida.

Para a superación da materia na segunda oportunidade aplicaranse idénticas esixencias de cualificación mínima de cada unha das partes da proba indicadas para a 1ª oportunidade.

Aos alumnos que teñan superada a materia de Proxectos 5 para poder aprobar Estruturas 3 por curso (1ª oportunidade) aplicaránselles as mesmas condicións descritas anteriormente.

Aos alumnos que acrediten matrícula parcial aplicaráselles idénticas condicións ás descritas para o resto dos alumnos coa única excepción de que non se lles esixirá asistencia mínima á docencia expositiva.

Atendendo ao artigo 14 das NORMAS DE AVALIACIÓN, REVISIÓN E RECLAMACIÓN DÁS CUALIFICACIÓNS DÚAS ESTUDOS DE GRAO E MESTRADO UNIVERSITARIO da UDC, se se detectase a comisión de fraude nas probas de avaliación o alumno suspenderá a convocatoria da materia (ambas as oportunidades) coa cualificación de 0.