Metodoloxías
Proba obxectiva
Traballos tutelados
Descrición
A avaliación é un proceso continuado no que a actividade que en cada unha das sesións do curso desenvolve o alumnado é controlada e rexistrada.
Periodicamente e -en todo caso, sempre que o estudante ou a estudante así o requiran- informaráselles da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
En todo momento do curso o profesorado ofertará ao estudantado apoio docente complementario, de xeito individual, en horario coñecido.
A avaliación final realizarase polo profesorado sobre o traballo final producido polo alumando, verificando a adquisición das capacidades persoais de análise, as destrezas para comunicar as súas ideas e a adquisición dos contidos teóricos da materia.