Metodoloxías
Proba mixta
Obradoiro
Descrición
A avaliación é un proceso continuo no que a actividade que o estudantado desenvolve en cada unha das sesións do curso é observada é rexistrada.
Periódicamente -e, en todo caso, sempre que o estudantado así o requira- informaráselle da adecuación do nivel acadado polas súas actividades en relación cos obxectivos programáticos da materia.
En todo momento do curso, o profesorado brindará ao estudantado apoio complementario, de xeito individualizado, en horario coñecido.
A avaliación final será realizada polo profesorado sobre o traballo final elaborado polo alumnado, verificando a adquisición das capacidades persoais de análise, as destrezas para comunicar as súas ideas e a adquisición dos contidos teóricos e prácticos da materia.