Metodoloxías Descrición
Sesión maxistral As diferentes exposicións teóricas do profesorado permitirán ao alumnado adquirir o coñecementos que dean soporte ao resto das actividades expostas na materia e desenvolver as competencias requiridas para a titulación.
Aprendizaxe colaborativa A través da constitución de grupos de traballo, o alumnado traballará sobre os diferentes temas propostos de modo que obteñan resultados propios, guiados polo profesorado asignado á materia
Traballos tutelados Os traballos tutelados de cada un dos bloques da materia, permitirá ao alumnado verificar os coñecementos adquiridos mediante as sesións maxistrais e o traballo colaborativo de modo que se adquiran as competencias expostas.