Metodoloxías Descrición
Análise de fontes documentais Levarase a cabo unha análise e selección das fontes documentais máis actualizadas, con axuda de novas tecnoloxías, para acadar os obxetivos plantexados.
Estudo de casos Proposta de casos prácticos, resolución e crítica.
Proba obxectiva Faranse probas orais e/ou escritas que constarán de cuestións teóricas e prácticas.
Solución de problemas Resolver os problemas en canto ao diseño e comportamento real.
Traballos tutelados Proporáse a realización de traballos para a resolución de casos de procesos reais, realizando o conseguinte seguimento.
Sesión maxistral Farase unha explicación detallada dos contidos da materia. O alumno contará con material bibliográfico do tema a tratar en cada sesión maxistral. Fomentarase a participación do alumno na clase, a través de comentarios que traten de relacionar os contidos teóricos coa experiencia real.